Pratos

En Parrillada O Carballo seleccionamos coidadosamente os produtos que presentamos á mesa dos nosos comensais; por iso seguimos un estricto control para manter intacta a súa calidade. Proba do noso compromiso cos clientes é o feito de que as carnes que ofrecemos son criadas por nós, do mesmo xeito que as legumes e hortalizas son cultivadas na nosa horta, coñecendo en todo momento a frescura dos produtos que lle ofrecemos.

Richada

Coñecido como "A Casa da Richada", en Parrillada O Carballo somos especialistas en preparar unha das mellores richadas da Comarca de Deza. Pequenos bocados de carne fritida de tenreira galega que acompañamos de patacas da zona e pementos da horta que, ao servirse en cazola de barro, ademais de representar o espírito enxebre galego adquire un sabor especial que o convirte no prato estrela.

BacallauBacallau

Os nosos saborosos pratos de bacallau á galega son a perfecta combinación da terra e o mar con produtos frescos e naturais. En O Carballo, a nosa receita acompaña este peixe con chícharos, patacas e cebola, regado todo por unha lixeira salsa a base de pementón.

Carnes á grellaChurrasco

En O Carballo somos especialistas na elaboración de pratos á grella nos que carnes coma o churrasco se converten en protagonistas polo seu inconfundible sabor, resultado da gran calidade das afamadas carnes da nosa zona.

Polbo á feira

O estilo inconfundible do polbo á feira, coma o dos grandes pulpeiros, atópase dispoñible no noso menú, presentando este típico plato como marca a tradición, en prato de madeira con aceite e pementón, reproducindo de xeito fiel a receita orixinal.


Cocido

Unha proposta diferente que durante o inverno adquire grandes adeptos atópase no cocido, un prato tradicional da cociña galega no que as carnes de tenreira, porco e polo se mesturan cos mellores produtos da horta dando como resultado unha completa e saborosa comida capaz de render aos padais máis esixentes.

Pratos de tempada

Segundo a tempada, poñemos a disposición dos nosos clientes un servizo especial de "arreglo". Sempre baixo encargo, cociñamos presas de caza como xabarís, coellos ou corzos entre outros. Así mesmo, tamén preparamos capóns, perdices ou paspallás.

 

Produtos da horta

En Parrillada O Carballo, o agarimo e a experiencia son a base para a elaboración dos nosos pratos, sempre marcados pola gran calidade dos nosos produtos, pois acompáñanse de hortalizas e legumes cultivados na nosa horta. Verduras frescas e naturais que validan o sabor tan característico da comida caseira.

Horario

De luns a domingo de 10.00 h. da mañá a 1.00 h. da noite.
Servizo de Comedor de 13.00 h. a 16.00 h. e de 20.30 h. a 24.00 h.

 

Contacte con nós

Poderá realizar as súas reservas ou recibir máis información chamando ao teléfono

986 581 528

 

Estamos en

O Carballo, nº 6 – Oleiros.
Na estrada PO-401 en dirección Silleda a Laro. Silleda (Pontevedra)