Banquetes

En Parrillada O Carballo contamos cun comedor con capacidade para medio cento de comensais, o que nos permite albergar pequenos banquetes e celebracións como bautizos, reunións de empresa ou comidas familiares. Adaptamos os nosos menús segundo as súas preferencias, ofrecéndolle unha ampla variedade de propostas entre as que elixir mariscos, peixes e carnes de gran calidade.

Comidas de tempada

Ademais, na tempada de caza e pesca albergamos reunións de cazadores e pescadores aos que, sempre baixo encargo, preparamos suculentos pratos coas súas presas que poderán degustar nun ambiente distendido e acolledor.

Aparcamento

Para facilitar o acceso dos nosos clientes dispoñemos dunha ampla zona de aparcamento para os coches dos nosos comensais. As súas dimensións permiten que tanto vehículos pesados coma turismos poidan permanecer estacionados con total tranquilidade mentres os nosos clientes gozan da comida caseira.

 

Horario

De luns a domingo de 10.00 h. da mañá a 1.00 h. da noite.
Servizo de Comedor de 13.00 h. a 16.00 h. e de 20.30 h. a 24.00 h.

 

Contacte con nós

Poderá realizar as súas reservas ou recibir máis información chamando ao teléfono

986 581 528

 

Estamos en

O Carballo, nº 6 – Oleiros.
Na estrada PO-401 en dirección Silleda a Laro. Silleda (Pontevedra)