Turismo en Silleda

O sector hostaleiro de Silleda contribúe de xeito significativo a por en valor os grandes atractivos históricos, naturais, culturais e gastronómicos da terra de Trasdeza. O último tramo da Vía da Prata, que pasa por Silleda, convida aos visitantes a realizar un alto no camiño para coñecer de preto reclamos coma o Mosteiro de Carboeiro ou as Fervenzas do Toxa.

Descubrá o arte, patrimonio, festas, romarías, paisaxes… paraxes de gran beleza que non poderá deixar de coñecer. Sendeiros de gran beleza natural que percorren o Concello de Silleda mostrando ese encanto rural que esperta un sentimento único, o orgullo de ser de aldea.

Toda esta información e demais servizos que complementarán a súa estadía poderá atopalos na web oficial de turismo www.turismosilleda.es.

Para descargar o folleto das rutas de sendeirismo pinche aquí.

Horario

De luns a domingo de 10.00 h. da mañá a 1.00 h. da noite.
Servizo de Comedor de 13.00 h. a 16.00 h. e de 20.30 h. a 24.00 h.

 

Contacte con nós

Poderá realizar as súas reservas ou recibir máis información chamando ao teléfono

986 581 528

 

Estamos en

O Carballo, nº 6 – Oleiros.
Na estrada PO-401 en dirección Silleda a Laro. Silleda (Pontevedra)